Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27273

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador de área de atención primaria).

O Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo) regula os sistemas de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

En desenvolvemento do citado decreto, ditouse a Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co Decreto 46/2013, do 7 de marzo (DOG nº 54, do 18 de marzo) polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada de Vigo, e en virtude das función e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto de persoal sanitario diplomado (coordinador de área de atención primaria).

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no rexistro de entrada da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo, sito na rúa García Barbón, 51, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da EOXI de Vigo (rúa García Barbón, 51), así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es ).

Vigo, 27 de maio de 2015

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada

ANEXO

Coordinador de área de atención primaria (Fisioterapia).