Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do desenvolvemento dunha plataforma de recoñecemento de voz avanzada dentro do subproxecto IS-14: sistema integrado de dixitalización, indexación, custodia e xestión da información clínica, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04 (expediente AB-SER1-15-006).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-15-006.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: desenvolvemento dunha plataforma de recoñecemento de voz avanzada dentro do subproxecto IS-14: sistema integrado de dixitalización, indexación, custodia e xestión da información clínica.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7, 72212211-1 e 72212314-3.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro de 2015.

Boletín Oficial del Estado núm. 10, do 12 de xaneiro de 2015.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2015/S 002-002232, do 3 de xaneiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 390.442,50 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 390.442,50 euros. Importe total: 472.435,43 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 11.5.2015.

b) Data de formalización: 1.6.2015.

c) Contratista: SQA Murcia, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 371.000 euros. Importe total: 448.910 euros.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos