Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental para o proxecto de implantación dunha explotación de ceba de polos no lugar da Ventosa, no concello de Ribas de Sil (expediente 2014/0115).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 36, faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de implantación dunha explotación de ceba de polos sito no lugar da Ventosa-Ribas de Sil (Lugo), promovida por Avimoa, S.C., nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar) co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para os efectos deste expediente o órgano substantivo é a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental/Avaliacion_impacto_ambiental_proxectos/Seccion_AIA.html&sub=Procedemento_AIA/

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental