Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O. 4124/2015, interposto por Telefónica de España, S.A.U.; P.O. 4128/2015, interposto por Carlos Abal Lourido e outros, e P.O. 4123/2015, interposto por Telefónica Móviles España, S.A.U. contra a Orde do 6 de febreiro de 2015 sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Boqueixón.

Nesta secretaría xeral recibiuse o escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos número P.O. 4124/2015, interposto por Telefónica de España, S.A.U.; P.O. 4128/2015, interposto por Carlos Abal Lourido e outros, e P.O. 4123/2015, interposto por Telefónica Móviles España, S.A.U. contra a Orde do 6 de febreiro de 2015 sobre aprobación definitiva do PXOM de Boqueixón.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 12 de xuño de 2015.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas