Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27235

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

DECRETO 88/2015, do 25 de xuño, polo que se integran no Servizo Galego de Saúde determinadas unidades de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. é unha sociedade mercantil pública, de capital integramente subscrito pola Comunidade Autónoma de Galicia, adscrita ao Servizo Galego de Saúde, que foi constituída mediante o Decreto 229/1994, do 14 de xullo, baixo a denominación social de Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. (Medtec).

Por acordo do Consello de Administración do Medtec do 30 de xullo de 2008, recollido no Decreto 209/2008, do 28 de agosto, aprobouse o cambio de denominación social pasando a denominarse Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., con recoñecemento expreso da súa condición como medio propio instrumental e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus organismos e entidades de natureza pública. Neste senso, Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. ten por obxecto o desenvolvemento, execución e explotación de infraestruturas sanitarias, a prestación de servizos de consultoría no campo sanitario, así como a prestación de servizos relacionados co ámbito sanitario.

A disposición adicional terceira da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, establece o procedemento de reordenación de entidades instrumentais no ámbito sanitario aplicado á empresa pública de servizos sanitarios Galaria.

De acordo coa dita proposta de reordenación, formúlase a integración das unidades de cirurxía cardíaca e cardioloxía intervencionista dependentes de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. no Servizo Galego de Saúde así como de parte do persoal da estrutura administrativa de apoio, para que continúen a prestar os seus servizos nas estruturas organizativas de xestión integrada (EOXI) de Vigo, de Santiago de Compostela e de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. cubriu nestas unidades un ciclo de vida, poñéndoas en marcha, consolidándoas e colocándoas nun alto nivel de eficiencia e calidade asistencial. Con todo, a próxima posta en marcha do novo hospital de Vigo representa unha oportunidade para que estas dúas unidades da área do corazón, que se van trasladar desde o Hospital do Meixoeiro, comecen nese centro unha nova andaina baixo a mesma estrutura que o resto dos servizos cos cales manteñen unha interdependencia moi fluída.

Debe considerarse que, no desenvolvemento da súa actividade asistencial, ambas as dúas unidades manteñen unha estreita relación co resto do hospital, utilizando dependencias cirúrxicas e de intervencionismo situadas dentro do centro hospitalario e precisando da concorrencia de medios e profesionais doutros servizos para a perfecta atención integral dos e das pacientes. Por iso, nun momento en que se está producindo na área sanitaria de Vigo unha importante integración de recursos, parece adecuado que ambas as dúas unidades integren os seus medios técnicos e humanos no novo hospital de Vigo baixo a mesma organización administrativa que o resto das unidades coas cales comparten a asistencia.

Ambas as dúas unidades integraranse no Servizo Galego de Saúde despois de adquirir un alto nivel de prestixio nos seus respectivos ámbitos, cunhas carteiras de servizos que inclúen as técnicas máis avanzadas das dúas especialidades, cuns equipos humanos cun alto nivel profesional e cuns indicadores de calidade asistencial que garanten a súa contribución ao alto nivel asistencial que se espera alcanzar no novo hospital de Vigo.

Para tal efecto, a disposición adicional terceira da Lei 12/2014, do 22 de decembro, dispón que o patrimonio de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., adscrito ás unidades asistenciais e administrativas que regulamentariamente se integren no Servizo Galego de Saúde e que resulte do proceso de liquidación conforme o disposto na lexislación mercantil, incorporarase ao patrimonio do citado organismo autónomo. O Servizo Galego de Saúde subrógase en todos os dereitos e obrigas que teñen a súa orixe nestas unidades a partir da súa integración efectiva.

Engade a dita disposición adicional que o Servizo Galego de Saúde se subroga na totalidade das relación laborais do persoal de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. que presta servizos nas unidades asistenciais e administrativas que regulamentariamente se integren, que manterá a natureza e o réxime xurídico do vínculo de orixe.

Desde un punto de vista mercantil, para levar a cabo a reordenación das dúas unidades descritas e posibilitar a súa integración no Servizo Galego de Saúde, Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. acometeu unha operación mercantil de redución de capital con devolución de achegas ao seu accionista único, como vehículo de transmisión dos elementos adscritos ás unidades titularidade da sociedade mercantil pública autonómica. Esta forma de transmisión é a prevista no artigo 53 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, aplicable a Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., que dispón que a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades públicas instrumentais poden adquirir bens e dereitos por redución de capital de sociedades ou de fondos propios de entidades públicas instrumentais.

Ademais, Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. acordou ceder ao Servizo Galego de Saúde os contratos de arrendamento financeiro dos cales é titular e que están vinculados ás dúas unidades que se integran.

A redución de capital con devolución de achegas é unha operación mercantil que non supón ningún desembolso por parte do accionista único de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., pero que obriga á modificación do artigo 5 dos seus estatutos sociais na contía que representan os elementos de inmobilizado da súa titularidade afectos ás unidades de cirurxía cardíaca e cardioloxía intervencionista.

A modificación estatutaria derivada da operación mercantil de redución de capital foi autorizada polo Consello da Xunta na súa sesión do 13 de maio de 2015, de acordo co disposto no artigo 105.2 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Mediante este decreto procédese á integración efectiva no Servizo Galego de Saúde das unidades de cirurxía cardíaca e cardioloxía intervencionista dependentes de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., e queda o Servizo Galego de Saúde subrogado en todos os dereitos e obrigas que teñen a súa orixe nestas unidades e na totalidade das relación laborais do persoal de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. que presta servizos naquelas, dando cumprimento á previsión establecida na disposición adicional terceira da Lei 12/2014, do 22 de decembro.

Este decreto foi tratado cos órganos de representación do persoal afectado e negociado na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal das Institucións Sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de xuño de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Este decreto ten por obxecto a integración no Servizo Galego de Saúde de todas as funcións, servizos e medios materiais e persoais afectos ás unidades de cardioloxía intervencionista e cirurxía cardíaca de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2. En virtude da referida integración, o Servizo Galego de Saúde queda subrogado en todos os dereitos e obrigas que teñen a súa orixe nesas unidades, e na totalidade das relación laborais do persoal de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. que presta servizos nas unidades integradas, de conformidade co establecido na disposición adicional terceira da Lei 12/2014, do 22 de decembro.

3. Os contratos de servizos e de arrendamento financeiro afectos ás unidades de cirurxía cardíaca e cardioloxía intervencionista que son obxecto de integración son os que se indican nos anexos I e II.

Artigo 2. Traspaso de bens

1. Os bens de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. adscritos ás unidades recollidas no artigo anterior, incorpóranse ao patrimonio do Servizo Galego de Saúde con efectos xurídicos desde a data de entrada en vigor do presente decreto.

2. No prazo máximo de quince días desde a publicación deste decreto asinaranse as correspondentes actas de entrega e recepción de mobiliario, equipamento e material inventariado correspondente ás devanditas unidades.

Artigo 3. Medios persoais

1. Intégrase no Servizo Galego de Saúde o persoal de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. que presta servizos nas unidades citadas no artigo 1, así como parte do persoal da estrutura administrativa de apoio, e queda o Servizo Galego de Saúde subrogado na totalidade das relacións laborais desde a data da entrada en vigor deste decreto, manténdose a natureza e o réxime xurídico do vínculo de orixe, estatutario ou laboral, así como o réxime económico.

2. O dito persoal, que figura relacionado nominalmente no anexo III deste decreto, quedará adscrito á xerencia da correspondente estrutura organizativa de xestión integrada.

3. O Servizo Galego de Saúde notificará a integración no organismo ao persoal afectado, e trasladará á correspondente estrutura organizativa de xestión integrada os expedientes persoais do dito persoal.

Artigo 4. Asunción de obrigas

1. O Servizo Galego de Saúde subrógase en todos os dereitos e obrigas que teñen a súa orixe nestas unidades de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. a partir da entrada en vigor do presente decreto.

2. Os bens, dereitos e obrigas pertencerán ao Servizo Galego de Saúde nas mesmas condicións que lle pertencían anteriormente a Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Disposición transitoria única. Tratamento do período anterior á integración das unidades

A percepción de ingresos e o pagamento dos gastos correspondentes aos dereitos devindicados ou ás obrigas contraídas con anterioridade á data de entrada en vigor deste decreto e imputables ás unidades obxecto da integración, serán asumidas directamente por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Autorízase a persoa titular da consellería con competencia en materia de sanidade para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do disposto neste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día 1 de xullo de dous mil quince.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de xuño de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I
Contratos de servizos:

OBXECTO DO CONTRATO

PROVEDOR

TIPO DE CONTRATO

MULTIFUNCIÓN KM B283

NEA GATSA

CONTRATO MENOR DE MANTEMENTO

IMPRESORA SAMSUNG ML 3471 ND

NEA GATSA

CONTRATO MENOR DE MANTEMENTO

IMPRESORA SAMSUNG ML 3710 ND

NEA GATSA

CONTRATO MENOR DE MANTEMENTO

MANTEMENTO MEDIVECTOR IMAGING

IZASA

CONTRATO MENOR DE MANTEMENTO

MANTEMENTO MEDIVECTOR (MVIS)

IZASA

CONTRATO MENOR DE MANTEMENTO

CONTRATO PRESTACIÓN SERVIZOS ASISTENCIAIS

GESAGA

CONTRATO DE SERVIZOS

EQ. HEMODINÁMICA ADVANTX

GEMSE

CONTRATO DE MANTEMENTO ALTA TECNOLOXÍA

EQ. HEMODINÁMICA INNOVA 2100 IQ

GEMSE

CONTRATO DE MANTEMENTO ALTA TECNOLOXÍA

EQ. HEMODINÁMICA ALLURA FD-10

PHILIPS

CONTRATO DE MANTEMENTO ALTA TECNOLOXÍA

EQ. HEMODINÁMICA ALLURA FD-20 (Xeral)

PHILIPS

CONTRATO DE MANTEMENTO ALTA TECNOLOXÍA

ANEXO II
Contratos de arrendamento financeiro:

OBXECTO DO CONTRATO

Nº DE CONTRATO

IMPORTE

FIN DO CONTRATO

EQ. HEMODINÁMICA INNOVA 2100 IQ

1516632 BBVA

615.405

30.12.2017

EQ. HEMODINÁMICA ALLURA FD-10

070013 BBVA

624.208

4.4.2016

EQ. HEMODINÁMICA ALLURA FD-20

070009 BBVA

702.235

5.4.2016

ANEXO III
Relación do persoal que se integra no Servizo Galego de Saúde

UNIDADE

DNI

APELIDOS E NOME

RÉXIME XURÍDICO

TIPO NOMEAMENTO

CATEGORÍA

EOXI

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*212L

QUEREIZAETA COSTAS, FERNANDO

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

CELADOR/A AT. DIRECTA ENFERMO

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*872Q

TIZON MENDEZ, MIGUEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

CELADOR/A AT. DIRECTA ENFERMO

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*998Q

SARDON GARCIA, MARIA BLANCA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GR. AUX. F. ADMVA. EQUIPO MEC.

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*365W

CASARES PEREZ, MANUELA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GR. AUX. F. ADMVA. EQUIPO MEC.

OURENSE

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*252Q

ARGIBAY PYTLIK, VIRGINIA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*267F

GARCIA MOSQUERA, VANESA ALEJANDRA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*726J

GUILLEN GOBERNA, MARIA DEL PILAR

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*769R

HERRERA ALVAREZ, CRISTINA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*514N

LAGO CELADA, INES

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*566V

MARTINEZ GOMEZ, MIGUEL ANGEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*650J

MOGOLLON CARDERO, PURIFICACION

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*626B

REY ACUÑA, HELENA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*759K

SANCHEZ HERNANDEZ, EVA MARIA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*362W

GARCIA VAZQUEZ, EVA GLORIA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*908W

ALONSO ALONSO, MARIA JOSE

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*561V

GARCIA LOPEZ, ELISA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*682Z

SOAGE BERNARDEZ, MARIA TERESA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*766W

ÍÑIGUEZ ROMO, ANDRÉS

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*287N

BAZ ALONSO, JOSE ANTONIO

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*721B

BRAVO AMARO, MARIA SOL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*078T

OCARANZA SANCHEZ, RAYMUNDO

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*765W

ORTIZ SAEZ, ALBERTO

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA

*619D

SANMARTIN FERNANDEZ, MARCELO

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*424N

GONZALEZ ESTEVEZ, DAVID MANUEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

CELADOR/A QUIRÓFANO

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*317N

GONZALEZ LANDIN, MARIA

ESTATUTARIO

INTERINO

CELADOR/A AT. DIRECTA ENFERMO

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*607N

RAJO MARTINEZ, ANA MARIA

ESTATUTARIO

INTERINO

CELADOR/A AT. DIRECTA ENFERMO

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*706Y

VILARIÑO RODRIGUEZ, MARIA SOL

ESTATUTARIO

INTERINO

CELADOR/A AT. DIRECTA ENFERMO

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*364E

CABIRTA CADAVID, ALBERTO MANUEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

CELADOR/A QUIRÓFANO

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*114N

CURRAS VELOSO, MANUEL LUIS

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

CELADOR/A AT. DIRECTA ENFERMO

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*708Q

BERNARDEZ GONZALEZ, MARIA TERESA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GR. AUX. F. ADMVA. EQUIPO MEC.

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*316J

IGLESIAS SANCHEZ, CANDIDA ELENA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*991Q

PEQUEÑO GARCIA, BEATRIZ

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*929F

VAZQUEZ ALVAREZ, ANUNCIA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*637Y

BARGIELA IGLESIAS, ESTHER MARIA

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*540A

DOMINGUEZ BAÑOS, MARIA AGUSTINA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*000J

FERNANDEZ VAYO, TERESA DEL CRISTAL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*548B

GARCIA FERNANDEZ, BEATRIZ

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*068K

GIL ALVAREZ, REYES

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*312D

GRAÑA CASTRO, MARIA DE LOS ANGELES

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*258A

GUTIERREZ PLATA, MARGARITA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*519P

PEREIRA BORRAJO TORREIRO, INES

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*322E

PEREIRA LEYENDA, MARIA BEGOÑA

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*034L

ROMERO BOUZAS, LAURA

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*660J

SUAREZ CUENCA, JAVIER

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*859B

CASAL CARRERA, CARMEN PATRICIA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*743Z

CIGARRAN GONZALEZ, ANTONIO

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*922Y

DAVID RODRIGUEZ, ANA BELEN

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*405X

DE OLIVEIRA DIEGUEZ, FRANCISCO JAVIER

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*318A

DOMINGUEZ FARO, ESTRELLA

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*544H

GARCIA RODRIGUEZ, NAZARETH MONICA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*619Q

GOMES LAGO, TANIA

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*149P

GONZALEZ FORTES, DAVID

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*409A

MARTÍNEZ GARCÍA, MAGALY

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*823J

MIGUEZ PEREZ, SILVIA

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*929N

PEREZ ARAUJO, CRISTINA

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*027F

PEREZ JUSTEL, MARTA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*617Y

PEREZ RODRIGUEZ, MARIA JOSE

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*937L

RIVEIRO PORTELA, ROCIO

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*406L

TOURON BESADA, YOLANDA

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*142J

VICENTE CHAO, RICARDO

ESTATUTARIO

INTERINO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*497R

ZONI ALVAREZ, ANDREA FABIANA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ENFERMEIRO/A UNIDADE HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*535T

GARCIA-MINGUILLAN GALIÑO, EVA

ESTATUTARIO

INTERINO

FISIOTERAPEUTA HOSPITAL

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*090A

COSTAS GONZALEZ, MARIA MAGDALENA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*876F

LAGO SENDIN, SONIA MARIA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*176D

ALONSO TOURON, PURIFICACION

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*240Y

CAMBEIRO GOMEZ, PATRICIA

ESTATUTARIO

INTERINO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*572G

CAMESELLE PAZ, MARTA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*907M

CRESPO FERNANDEZ, MARIA ISABEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*969P

DEL CAMPO LOBIT, MARIA ISABEL

ESTATUTARIO

INTERINO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*740Q

FERNANDEZ ALONSO, MARIA JOSE

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*838C

FERNANDEZ SAAVEDRA, MARIA DOLORES

ESTATUTARIO

INTERINO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*022B

FIGUEROA ALONSO, MARIA BELEN

ESTATUTARIO

INTERINO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*076T

GONDA ALVAREZ, HORTENSIA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*206N

LAGO VAZQUEZ, ROSA MARIA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*269X

MOSQUERA VILANOVA, MARIA TERESA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*997E

OTERO ALONSO, MARIA ALMUDENA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*383R

SEÑARIS BOO, JOSE RAMON

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TCAE. UNIDADE HOSPITALARIA

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*111A

PRADAS MONTILLA, GONZALO

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*526Y

LEGARRA CALDERON, JUAN JOSE

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*101B

CASAIS PAMPIN, ROCIO

ESTATUTARIO

PROVISORIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*165Y

ALVAREZ GAGO, MARIA JESUS

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*925M

CASQUERO VILLACORTA, ELENA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*111D

PEREIRA TAMAYO, JORGE ANGEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*163K

PIÑON ESTEBAN, MIGUEL ANGEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

CIRURXÍA CARDÍACA

*842D

RASHEED YAS, SUBHI

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

ADX. ESPECIALISTA ÁREA CON CE

VIGO

ESTRUTURA

*253Y

PEREZ SOUSA, FERNANDO

LABORAL

INDEFINIDO

ADMINISTRATIVO/A INFORMATICO/A

VIGO

ESTRUTURA

*990P

MARTIN FRAGUEIRO, MARIA CRISTINA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GRUPO TCO. FUNCIÓN ADMTVA.

VIGO

ESTRUTURA

*642R

SANCHEZ GONZALEZ, MERCEDES

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GRUPO TCO. FUNCIÓN ADMTVA.

VIGO

ESTRUTURA

*178F

NOUCHE OTERO, PILAR

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GR. AUX. F. ADMVA. EQUIPO MEC.

VIGO

ESTRUTURA

*382F

ABRIL LOSADA, LOURDES

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GR. AUX. F. ADMVA. EQUIPO MEC.

VIGO

ESTRUTURA

*526F

COUGIL CORTIÑAS, ANABEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GR. AUX. F. ADMVA. EQUIPO MEC.

VIGO

ESTRUTURA

*236Z

DIZ AMIL, MANUEL RAFAEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GR. AUX. F. ADMVA. EQUIPO MEC.

VIGO

ESTRUTURA

*568J

MARTINEZ MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GR. AUX. F. ADMVA. EQUIPO MEC.

VIGO

ESTRUTURA

*704E

ROMAN OLMO, LOURDES

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GR. AUX. F. ADMVA. EQUIPO MEC.

VIGO

ESTRUTURA

*123M

ENJAMIO CABADO, CRISTINA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GRUPO TCO. FUNCIÓN ADMTVA.

SANTIAGO

ESTRUTURA

*066N

LOUZAO GARCIA, CARMEN MARIA

ESTATUTARIO

INTERINO

PERSOAL TÉCNICO SUPERIOR

SANTIAGO

ESTRUTURA

*222Z

MOSTEIRO MOSTEIRO, LAURA

ESTATUTARIO

INTERINO

PERSOAL TÉCNICO SUPERIOR

SANTIAGO

ESTRUTURA

*788P

ROZADA MOLDES, ELIO

ESTATUTARIO

INTERINO

PERSOAL TÉCNICO SUPERIOR

SANTIAGO

ESTRUTURA

*774J

SANCHEZ LOUREIRO, CARLOS DANIEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

PERSOAL TÉCNICO DE GRAO MEDIO

SANTIAGO

ESTRUTURA

*974P

VILLAVERDE GOMEZ, MARIA AMPARO

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GRUPO TCO. FUNCIÓN ADMTVA.

SANTIAGO

ESTRUTURA

*570D

VARELA UZAL, VICTOR MANUEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

TÉCNICO/A ESP. SISTEMAS T.I.

SANTIAGO

ESTRUTURA

*777A

BARROS PENA, MARIA ISABEL

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GRUPO TCO. FUNCIÓN ADMTVA.

SANTIAGO

ESTRUTURA

*656Z

OITAVEN BARCALA, MARIA MONTSERRAT

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GR. AUX. F. ADMVA. EQUIPO MEC.

SANTIAGO

ESTRUTURA

*417F

BARCENA FERNANDEZ DE ANGULO, ALEJANDRA

ESTATUTARIO

PROPIETARIO

GRUPO ADMINISTRATIVO

SANTIAGO

* O número do DNI dos profesionais relacionados amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.