En cumprimento do establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, que establece a publicación no Boletín Oficial del Estado como requisito para a eficacia da notificación, despois de intentada e non realizada a dita notificación persoalmente en dúas ocasións, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia tal e como dispón o artigo 61 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo, da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Lugo, 8 de xuño de 2015
José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: SAN-LU-0050/2015-SG.
Interesada: María Vázquez López.
Acto notificado: acordo de incoación.