Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/187).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Promotora de Vivendas Urbanas, S.L.

Domicilio social: avenida Enrique Salgado Torres, s/n, 15008 A Coruña.

Denominación: LMT, CS e CT de 400 kVA e liña BT.

Situación: Polígono Industrial de Vío-parcela Z2.EQ, A Coruña.

Características técnicas: acometida soterrada en media tensión de 2+2 m de lonxitude en cable 12/20 kV, 1×240 mm2 Al para alimentar en anel o CS. Entroncamento en LMT soterrada de UFD con número expediente IN407A 2007/456. CS en edificio prefabricado de formigón compartido co do CT proxectado, que inclúe 3 interrutores-seccionadores de 24 kV, 400 A en cabinas metálicas prefabricadas. CT en edificio prefabricado de formigón con transformador de 400 kVA, relación 15/0,42 kV en baño de aceite. Aparellaxe de manobra e protección, así como equipamento de medida, en cabinas metálicas prefabricadas. Liña de BT de 70 m en cable 0,6/1 kV 3×(1×240)+1X120 mm2 CU para alimentar a estación de bombeo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña