Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xuño de 2015 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente 107B 2006/35-0).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 5 de maio de 2015, unha resolución pola que se lle impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107B 2006/35-0 a María Teresa Doce Fernández como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 2 de marzo de 2010, que ordenaba a demolición de 52 apartamentos acaroados en grupos de catro, cinco e seis vivendas, compostas de planta soto, planta baixa e planta baixo cuberta, articuladas ao redor dunha zona central onde se sitúan piscinas, edificio de servizos, vías interiores, muros de contención de terras e grandes movementos de terras en San Vicente do Mar, no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e que será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou que se puideron esgrimir fronte á resolución da cal este acordo é un simple acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística