Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de limpeza do novo edificio destinado a xulgados de Ourense.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SESE 11-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22021

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de limpeza do novo edificio destinado aos xulgados en Ourense.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 90919200-4. Servizos de limpeza de oficinas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 31, do 16 de febreiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 196.281,00 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 98.140,50 €; importe total: 118.750,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de maio de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 15 de maio de 2015.

c) Contratista: Limpiezas Compostela, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 85.975,00 €; importe total: 104.029,75 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza