Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25376

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (79/2015).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado con número 79/2015, por instancia de Argimiro Oroña Suárez contra o executado José Manuel Seoane Ríos, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 4 de xuño de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 73.351,58 euros de principal, máis 7.396,13 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional. E, de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2015

A secretaria xudicial