Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015021TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 20 de maio de 2015, a xefa territorial de Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2015021TA-OU, incoado a Teixeira Arias, José, DNI 76722318E, con domicilio na rúa Conde de Fenosa, 94, 2º C, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Teixeira Arias, José, DNI 76722318E, o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novagalicia banco); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 5 de xuño de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 2015021TA-OU.

Interesado: Teixeira Arias, José.

DNI/NIF/CIF: DNI 76722318E.

Último enderezo coñecido: rúa Conde de Fenosa, 94, 2º C, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: trinta euros (30,00 euros).