O 31 de marzo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2015028AL-OU, a Eco Máis por Menos, S.L. (CIF B32397119), como responsable do establecemento Supermercados Covirán, con enderezo na avenida de Zamora, 136, de Ourense.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Eco Máis por Menos, S.L. (CIF B32397119), como responsable do establecemento Supermercados Covirán, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, quedando supeditada a eficacia desta notificación á sua publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 1 de xuño de 2015
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente sancionador 2015028AL-OU.
Interesada: Eco Máis por Menos, S.L.
DNI/NIF/CIF: B32397119.
Último enderezo coñecido: avenida de Zamora, 136 (Ourense).
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.
Tipificación: leve.
Sanción proposta: novecentos euros (900,00 €).