Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25197

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (372/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 372/2015 deste xulgado do social, seguido pir instancia de Fernando Cotón Souto contra Construcción Pública Gallega, S.L. sobre despedimento se ditou auto, con data 28 de maio de 2015, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo: acumular os presentes autos ao procedemento de rescisión contractual 371/2015 seguido ante este mesmo xulgado.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, deixando copia testemuñada nas actuacións.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

Así o acordo e asino».

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2015

A secretaria xudicial