Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2015/38-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT ao CT Reboredo II.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV de 17 m, con condutor LA 56/54,6 mm2 e orixe na LMT DC.SVC 804/5 CV809 e remate no CT proxectado intemperie Reboredo II de 100 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

– RBT aérea de 220 m con condutor RZ derivada do CT proxectado.

Orzamento: 24.845,04 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 3 de xuño de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense