Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015 pola que se acorda rectificar o anuncio de licitación correspondente ao expediente 16/15.

Tras se detectar un erro na descrición do obxecto do contrato do expediente 16/15, faise necesario abrir un novo prazo de presentación de ofertas, polo que se acorda rectificar o anuncio de licitación publicado con data do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 111) nos termos que se indican a seguir:

Na páxina 23683, onde di: «b) Descrición: plataforma para prototipos de sistemas mimo en banda multimedia», debe dicir: «b) Descrición: plataforma para prototipado de sistemas mimo en banda milimétrica».

Por tanto, concédese un novo prazo de presentación de ofertas a partir da publicación do presente anuncio.

Vigo, 16 de xuño de 2015

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo