Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto documentalmente simplificado cun criterio de adxudicación (prezo), para a limpeza das dependencias en Santiago de Compostela (clave OH.915.1102).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Augas de Galicia.

2) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

4) Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es.

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/.

8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.915.1102.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: limpeza das dependencias de Augas de Galicia en Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo de execución: quince (15) meses.

e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de sete meses e medio (7,5).

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto cun criterio de valoración (prezo) e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: o único criterio de adxudicación é o prezo tal e como se establece no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 131.092,80 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 87.395,20 euros. Importe total: 105.748,19 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

– Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase a solvencia polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e c) e 78 a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público nos termos que se expresan no prego administrativo. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida, e queda eximido da presentación e xustificación desta coa presentación da clasificación como empresa contratista de servizo do grupo U, subgrupo 1, categoría A.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 9 de xullo de 2015.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).

2) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: quince (15) días, contados desde o día seguinte á apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre B.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, e do sobre B referido á documentación da proposición acreditativa do único criterio de adxudicación, proposición económica, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 22 de xullo de 2015 ás 9.00 horas.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Modificacións previstas: prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.

d) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Apertura e valoración das ofertas do sobre B: realizarase na data, na hora e no lugar sinalados neste anuncio. No caso de que o acto público de apertura das ofertas se modifique notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

f) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B , así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

g) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia