Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25024

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2189/2013-PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2189/2013-PM

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 676/2012. Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Nerea María Rey Vilaboy

Avogado: Xosé Daniel Besteiro López

Recorridos: Servizo Público de Emprego Estatal, Compromiso Tecnológico Software Factory, S.L.U., Comtec Consultores y Auditores, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2189/2013 desta sección, seguido por instancia de Nerea María Rey Vilaboy contra a empresa Servizo Público de Emprego Estatal, Compromiso Tecnológico Software Factory, S.L.U., Comtec Consultores y Auditores, S.L., sobre desemprego, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da demandante, Nerea María Rey Vilaboy, contra a sentenza de data 1 de febreiro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, en proceso sobre reclamación de cantidade (diferenzas de prestación de desemprego), seguido por instancia da traballadora recorrente contra os demandados Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) e as empresas Comtec Consultores y Auditores, S.L. e Compromiso Tecnológico Software Factory, S.L.U. En consecuencia, decretamos a nulidade de todo o actuado a partir da notificación da resolución impugnada, que acadou firmeza na data en que se ditou, repondo as actuacións ao momento seguinte da notificación da dita resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Compromiso Tecnológico Software Factory, S.L.U. e Comtec Consultores y Auditores, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xuño de 2015

A secretaria xudicial