Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25017

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de xuño de 2015 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 23 de marzo de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 4 de abril).

A Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril), pola que se convocan procesos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, establece na súa base décimo sexta que os aspirantes que resulten seleccionados quedan obrigados a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Mediante a Orde do 30 de xullo de 2013 (DOG do 26 de agosto) nomeáronse funcionarios en prácticas os opositores seleccionados no proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres, convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril), agás Pilar Sánchez López, Mª Begoña Chouciño Tuset e Ana Couñago Álvarez, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas, e Juan Luis Iglesias Ferrón, que foi declarado non apto na fase de prácticas.

Con data 1 de setembro de 2014 incorporáronse a un centro para a realización da fase de prácticas.

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente os opositores seleccionados no procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril), Pilar Sánchez López, Mª Begoña Chouciño Tuset e Ana Couñago Álvarez, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas.

Segundo. Declarar apto na fase de prácticas a Juan Luis Iglesias Ferrón, de acordo coas actas da comisión cualificadora da fase de prácticas.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria