Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública os proxectos de autorización administrativa, promovidos por Gas Galicia SDG, S.A., para a distribución de gas natural en catro núcleos de poboación da provincia de Ourense (A Pobra de Trives, Allariz, Celanova e Viana do Bolo).

A empresa Gas Galicia SDG, S.A. (con CIF A15383284 e enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela) presentou, durante os meses de xullo e agosto de 2014, as solicitudes de autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado en diversos núcleos de poboación da provincia de Ourense, xunto cos correspondentes proxectos.

O 1 de setembro de 2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se iniciou o trámite de competencia para o outorgamento das ditas autorizacións administrativas (DOG núm. 182, do 24 de setembro), para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP). Durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron solicitudes en concorrencia con ningunha das solicitudes de Gas Galicia SDG, S.A. Polo tanto, o trámite de competencia quedou resolto a favor desta empresa.

En relación con estas solicitudes, para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, sométense a información pública os proxectos de autorización administrativa para a distribución de gas natural, correspondentes aos núcleos de poboación e coas características indicadas nos cadros seguintes:

Núcleo de poboación

Número de expediente

1

A Pobra de Trives

IN627A 2014/48-0

Obxecto da solicitude:

– Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación da Pobra de Trives, no concello da Pobra de Trives (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano da Pobra de Trives.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32064A03500045.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, e empregarase tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adoptará elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 633.229 €.

2

Allariz

IN627A 2014/49-0

Obxecto da solicitude:

– Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Allariz, no concello de Allariz (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Allariz.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32002A00300819.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, e empregarase tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se deberá adoptar elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 1.120.885 €.

3

Celanova

IN627A 2014/57-0

Obxecto da solicitude:

– Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Celanova, no concello de Celanova (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Celanova.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32025A06600030.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, e empregarase tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adoptará elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 718.457 €.

4

Viana do Bolo

IN627A 2014/65-0

Obxecto da solicitude:

– Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Viana do Bolo, no concello de Viana do Bolo (Ourense). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Viana do Bolo.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 32087A01801312.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, e empregarase tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adoptará elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 482.377 €.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos por algún dos 4 expedientes referenciados nos cadros anteriores, poidan presentar as súas alegacións no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación deste anuncio. Poderán examinar os correspondentes proxectos de autorización administrativa na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela) ou na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (r/ Curros Enríquez, 1, 4º, 32003 Ourense).

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas