Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública os proxectos de autorización administrativa, promovidos por Gas Galicia SDG, S.A., para a distribución de gas natural en cinco núcleos de poboación da provincia da Coruña (Carballo, Melide, Noia, O Pino e Ordes).

A empresa Gas Galicia SDG, S.A. con CIF nº A15383284 e enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela) presentou, durante os meses de xullo e agosto de 2014, as solicitudes de autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado en diversos núcleos de poboación da provincia da Coruña, acompañadas dos correspondentes proxectos.

O 1 de setembro de 2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se iniciou o trámite de competencia para o outorgamento das ditas autorizacións administrativas (DOG núm. 182, do 24 de setembro), para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP). Durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron solicitudes en concorrencia con ningunha das solicitudes de Gas Galicia SDG, S.A., polo tanto, o trámite de competencia quedou resolto a favor desta empresa.

En relación con estas solicitudes, para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, sométense a información pública os proxectos de autorización administrativa para a distribución de gas natural, correspondentes aos núcleos de poboación e coas características indicadas nos cadros seguintes:

Núcleo de poboación

Número de expediente

1

Carballo

IN627A 2014/13-0

Obxecto da solicitude:

– Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Carballo, no concello de Carballo (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Carballo, excluíndo o polígono industrial, que se desenvolverá noutro proxecto.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase mediante conexión directa coa rede de distribución do polígono industrial do municipio (proxecto para desenvolver).

– A rede de distribución terá o seu inicio nesta conexión, desde a que partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregarase tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión a que se adoptará elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 1.186.640 €.

2

Melide

IN627A 2014/16-0

Obxecto da solicitude:

– Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Melide, no concello de Melide (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Melide.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 2901501NH8520S.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o que partirá un eixo principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregarase tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adoptará elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 1.769.013 €.

3

Noia

IN627A 2014/17-0

Obxecto da solicitude:

– Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Noia, no concello de Noia (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Noia.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 001701300NH13G.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o que partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregarase tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adoptará elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 1.045.901 €.

4

O Pino

IN627A 2014/18-0

Obxecto da solicitude:

– Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación do Pino, no concello do Pino (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano do Pino.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15067B50200319.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o que partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregarase tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adptará elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 437.189 €.

5

Ordes

IN627A 2014/19-0

Obxecto da solicitude:

– Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Ordes, no concello de Ordes (A Coruña). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Ordes.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 15060A06000001.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o que partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregarase tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adoptará elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 899.417 €.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos por algún dos cinco expedientes referenciados nos cadros anteriores poidan presentar as súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, tamén poderán examinar os correspondentes proxectos de autorización administrativa na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, 15781, Santiago de Compostela) ou na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas