Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do nomeamento dun funcionario de carreira.

O concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior e Persoal, mediante Resolución do 20 de maio de 2015, nomeou funcionario de carreira deste concello a Manuel Carlos Castiñeiras Fernández, con DNI 35318762P, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral, encadrada na subescala auxiliar, integrada no grupo C, subgrupo C2, nas probas selectivas convocadas polo sistema de selección de concurso-oposición restrinxido, quenda de promoción interna, que toman posesión con efectos económicos e administrativos do día 22 de maio de 2015.

O dito nomeamento efectuouse segundo Resolución do concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior e Persoal do 20 de maio de 2015, ao cal se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Pontevedra, 28 de maio de 2015

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde en funcións