Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2015 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministración de sistemas de instrumentación para sala común-biofrío do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)-sala de centrifugación, cofinanciados nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), programa operativo UNLC13-1E-1651, Mineco 2013.

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9, 1ª andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 11 18, 10 38).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

*Número de expediente: 2015/1015.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: sistemas de instrumentación para sala común-Biofrío do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da UDC-sala de centrifugación, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), programa operativo UNLC13-1E-1651, Mineco 2013.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Laboratorios de Biofrío do CICA.

1º. Domicilio: Campus de Elviña.

2º. Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

e) Prazo de execución/entrega: 45 días naturais.

f) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

g) CPV (referencia de nomenclatura): 42931100-2.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no PCAP.

– Valor estimado do contrato: 165.306,61 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 165.306,61 euros. Importe total: 200.021,00 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 h, do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Registro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 h. Se este día coincide no sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e hora no que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rata.

– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8-9 Regulamento CE nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 12 de xuño de 2015

P.D. (Resolución do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña