Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (32/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 32/2013, por instancia de José María Fuentes Golán contra a empresa Grupo Lindega Asociados, S.L., Singal Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza con data do 19 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por José María Fuentes Golán contra Grupo Lindega Asociados, S.L. e Singal Coruña, S.L. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Grupo Lindega Asociados, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de tres mil cincocentos sesenta e seis euros con dezanove céntimos (3.566,19 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Singal Coruña, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2015

A secretaria xudicial