Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a iniciación dos expedientes sancionadores MON-LU-45/2015-ASV e MON-LU-82/2015-FOR.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 8 de xuño de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON- LU-45/2015-ASV.

Interesada: Ordes Forestal, S.L.U.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: MON- LU-82/2015-FOR.

Interesada: Josefa Gayoso Castro.

Acto notificado: acordo de incoación.