Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24619

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a Federación Andaluza de Amigos del Camino de Santiago no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos.

A Federación Andaluza de Amigos del Camino de Santiago presenta una solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 11 de maio de 2015.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e xunto con ela foi presentada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 21 de maio de 2015 sobre a solicitude, en que se constata que a Federación Andaluza de Amigos del Camino de Santiago persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,

RESOLVO:

Que a Federación Andaluza de Amigos del Camino de Santiago quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 208.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura