Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24728

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (253/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Enrique Vicente Arcos contra Ponte Paz, S.L., Fondo de Garantía Salarial, rexistrado co nº DSP 253/2014, se acordou notificar a parte dispositiva do decreto do 27 de maio de 2015 a Ponte Paz, S.L., en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva:

Acordo considerar que a parte demandante desiste da súa acción de resolución de contrato e continuar única e exclusivamente respecto á acción de reclamación de cantidade presentada por José Enrique Vicente Arcos Rosende contra Ponte Paz, S.L.

Transfórmese o procedemento informaticamente en procedemento ordinario.

Sinálase como día para a celebración dos actos de conciliación e xuízo o día 22 de setembro de 2015, ás 10.35 e 10.40 horas respectivamente. A notificación da presente resolución serve de citación en legal forma ás partes.

Cítese a demandada Ponte Paz, S.L. por medio de edictos que se inserirán no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Ponte Paz, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2015

A secretaria xudicial