1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades en sistemas de información no ámbito de educación da Xunta de Galicia.
b) Tipo: servizo.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 16 de xaneiro de 2015.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: 80.578,50 €.
5. Orzamento base de licitación: 53.719,00 €, máis 11.280,99 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 64.999,99 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 16 de maio de 2015.
b) Data de formalización do contrato: 8 de maio de 2015.
c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.
d) Importe de adxudicación: 58.443,00 € (IVE do 21 % incluído).
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia