Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24534

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (653/2014).

Eu, María García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 653/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diana María Jueguen Rodríguez contra a empresa Proximar, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que estimo a demanda interposta por Diana Jueguen Rodríguez contra a empresa Proximar, S.L., e condeno a demandada a que lle aboe a aquela a seguinte cantidade: 2.679,27 euros máis o 10 % de xuro por mora ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET), no que se refire ás cantidades de natureza salarial.

Contra a presente resolución non cabe interpor recurso ningún; artigo 191.2,g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Para que sirva de notificación en legal forma a Proximar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de maio 2015

A secretaria xudicial