Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24176

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015 pola que se fai publica a formalización dun contrato cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 77.

missing image file

Para os efectos do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o establecido nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro, da Comisión, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro, da Comisión, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato, financiado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixo 6, tema prioritario 77.

Nº de expediente: CGSIB/OBR/001/15.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: obra de construción escola infantil de tres unidades no concello de Oza-Cesuras.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 347.420 €.

Adxudicataria: Construcciones Abal, S.A.

Data de formalización do contrato: 23.4.2015.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar, na cal acreditan o coñecemento da obra que se vai executar así como os condicionantes implícitos a ela, coa mellor oferta económica de todas as admitidas, un prazo de garantía e unha porcentaxe destinada ao control de calidade axustados ao máximo do permitido nos pregos.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org , punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar