Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (379/2014).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 379/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua de Accidentes de Trabajo Fremap contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Hoseaz José Seijas Vázquez, Secundino García Cousillas, Fogasa, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre reintegro, se ditou Resolución con data do 19 de maio de 2015, contra a cal non cabe interpor ningún recurso; os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Hoseaz José Seijas Vázquez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de maio de 2015

A secretaria xudicial