Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.
Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4º andar, 28003 Madrid.
Denominación: LMTS, CS e CT de 630 kVA para bombeo de Areeiros (Ribeira).
Situación: lugar de Areeiros-Ribeira.
Características técnicas: LMTS enlace entre o punto de entroncamento co CS proxectado 184 m-RHZ1-12/20 kV-3(1×240 mm2 Al). CS: celas de entrada e saída e derivación ao abonado. LMTS enlace entre CS e CT 4M-RHZ1 12/20 kV-3(1×95 mm2). CT: cela de entrada de liña, cela de proteción e cela de medida. Transformador trifásico COTRADIS de 630 kVA e refrixeración natural en aceite, tensión primaria 20/24 kV e tensión secundaria 420 V en baleiro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 5 de xuño de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña