Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23745

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre de 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no primeiro cuadrimestre de 2015

Descrición

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

2.1.2015

0,00

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Televisión de Galicia, S.A.

2.1.2015

14.520,00

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e as entidades xestoras dos sistemas de xestión (SIX) de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).

15.1.2015

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e o sistema integrado de xestión de pneumáticos usados TNU (Tratamiento Neumáticos Usados, S.L.) para o seguimento da xestión de pneumáticos usados en Galicia.

15.1.2015

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a entidade colaboradora Sociedade deportiva cultural Amigos do Miño.

3.3.2015

0,00

Convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Vigo.

4.3.2015

9.195.219

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a entidade colaboradora Sociedade de pesca Arenteiro.

13.3.2015

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a entidade colaboradora Club Amigos do río Parga.

17.3.2015

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Melide para a realización das obras de reforma e posta en valor da rúa Santo Antón no núcleo urbano de Melide (A Coruña).

7.4.2015

35.000,00

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) para bandeiras azuis.

7.4.2015

40.000,00

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de San Cibrao das Viñas para o financiamento da redacción do Plan especial do polígono industrial do concello de San Cibrao das Viñas.

28.4.2015

199.650,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos da Coruña e Arteixo para a coordinación dos servizos de transporte público orixe ou destino no núcleo de Meicende.

28.4.2015

0,00