Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23487

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no primeiro cuadrimestre do ano 2015 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

A Estrada, 22 de maio de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total da AGASP

Anualidade 2014

Academia Galega de Seguridade Pública e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra

Formación do persoal da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra vinculado á vixilancia, seguridade e policía nas zonas comúns e de atención ao cidadán.

15.1.2015

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello da Coruña

Acordar un marco de colaboración para a formación continua do corpo de Policía Local e do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil.

7.4.2015

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello do Porriño

Acordar un marco de colaboración para a formación continua do corpo de Policía Local e do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil.

28.4.2015

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Pontevedra

Acordar un marco de colaboración para a formación continua do corpo de Policía Local e do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil.

29.4.2015

Sen achega económica