Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de constitución de coto mineiro formado polas explotacións Monte Fabeira número 2360 e ampliación a Monte Fabeira número 2368, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces.

A sociedade Minas de Bandeira, S.A., con CIF A-36634889, titular dos dereitos mineiros da sección C) Monte Fabeira número 2360 e ampliación a Monte Fabeira número 2368 situadas nos concellos de Silleda e Vila de Cruces, solicitou ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, a constitución dun coto mineiro formado polas explotacións mineiras citadas, con base no establecido no título IX (artigos 108 ao 111 da Lei 22/1973, de minas (BOE núm. 176, do 24 de xullo).

Todas aquelas persoas o entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5ª planta, no prazo de trinta (30) días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Pontevedra, 20 de maio de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra