Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de mellora de accesibilidade, instalación e sistemas de información na estación de autobuses de Ferrol, cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 1/2015 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21944

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: mellora de accesibilidade, instalación e sistemas de información na estación de autobuses de Ferrol.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45213310-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 125.947,91 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 125.947,91 €; importe total: 152.396,97 €.

6. Financiamento: cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 25.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12.5.2015.

b) Data de formalización do contrato: 20.5.2015.

c) Adxudicataria: Extraco, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 104.498,00 €; importe total con IVE: 126.442,58 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2015

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas