Fenghe Zhou e/r Merk Asia O Grove, S.L., solicitou licenza municipal de actividade para instalación e apertura dun bazar (expediente 167/14), que se situará na rúa Castelao, nº 148, baixo. En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de Urbanismo, situado na rúa Cándido Acuña Blanco, nº 3, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.
O Grove, 19 de maio de 2015
Miguel Ángel Pérez García
Alcalde