Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (924/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 924/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ezequiel Texeira Manuel de Melo contra Urly Transnorte 2011, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ezequiel Texeira Manuel de Melo contra a entidade Urly Transnorte 2011, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Urly Transnorte 2011, S.L.U. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 6.392,02 euros brutos polos salarios devindicados entre outubro de 2013 e marzo de 2014 (ambos incluídos), así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Urly Transnorte 2011, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de maio de 2015

A secretaria xudicial