Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23242

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO de notificación de sentenza (276/2014).

Damián Vega de las Heras, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín, fago saber que no presente procedemento de divorcio contencioso número 276/2014, seguido por instancia de Julia Rodríguez Álvarez contra José Oswaldo Núñez Álvarez, foi ditada sentenza co número 53/2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decisión:

Declaro disolto por divorcio o vínculo matrimonial existente ata entón entre Julia Rodríguez Álvarez e José Oswaldo Núñez Álvarez.

Declaro a disolución do réxime económico matrimonial.

Non se efectúa pronunciamento en materia de custas.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, contra a cal cabe recurso de apelación.

Roberto Porto García, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín».

E para que conste e sirva de notificación a José Oswaldo Núñez Álvarez, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Verín, 15 de maio de 2015

O secretario xudicial