1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.
2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfono: + 981 54 49 86.
5º. Telefax: + 981 54 47 91.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
www.contratosdegalicia.es/ (prego de cláusulas administrativas particulares, prego de prescricións técnicas particulares, cadro de características).
2. Obxecto de cada contrato:
a) Descrición do obxecto: subministración de vehículos en réxime de alugamento para a Axencia Galega de Infraestruturas.
Clave do expediente: SC/15/020.08. (S/005/2015).
Orzamento base de licitación: 204.000 euros (IVE excluído). IVE: 42.840 euros. Importe total: 246.840 euros.
Prazo de execución: 48 meses.
Prazo de entrega das unidades: quince (15) días contados a partir de formalización do contrato.
Lugar de entrega: segundo o especificado na epígrafe Ñ do cadro de características.
CPV (referencia de nomenclatura): 34111200.
División por lotes e número de lotes/número de unidades: non hai.
Enderezo da internet do perfil do contratante:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22827 (prego de cláusulas administrativas particulares, prego de prescricións técnicas particulares, cadro de características).
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Garantías exixidas.
Provisional: non se exixe.
Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (sen IVE). Véxase a epígrafe I do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso: non procede.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:
Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o epígrafe J do cadro de características deste.
Solvencia técnica ou profesional: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, epígrafe K do cadro de características.
Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que cómpre presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
f) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Apertura dos sobres B e C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22827 , con dous días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22827
8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
Este contrato, que ten por obxecto a subministración en réxime de alugamento de 10 vehículos, vai substituír os 13 automóbiles dados de baixa en 2014 e os 4 do actual contrato de renting de 2012, o que supón unha redución do 41 %.
9. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no DOG por liña é de 10,82 euros.
10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas