Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a desistencia por mor dunha infracción non emendable do procedemento aberto para a contratación do servizo de atención baseado en help-desk a usuarios de sistemas de información dos hospitais, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos Feder Galicia 2007-2013 e Galicia 2014-2020 (expediente AI-SER1-15-025).

En cumprimento da legalidade vixente anúnciase a desistencia por mor dunha infracción non emendable do procedemento aberto anunciado pola Resolución do 23 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (DOG número 89, do 13 de maio; BOE número 108, do 6 de maio, e DOUE número 2015/S 086-155616, do 5 de maio), tramitado para a contratación do servizo de atención baseado en help-desk a usuarios de sistemas de información dos hospitais do Servizo Galego de Saúde (expediente AI-SER1-15-025).

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos