Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23214

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

DECRETO 82/2015, do 11 de xuño, polo que se nomea directora xeral de Xuventude e Voluntariado a Cecilia Vázquez Suárez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xuño de dous mil quince,

Nomeo directora xeral de Xuventude e Voluntariado a Cecilia Vázquez Suárez.

Santiago de Compostela, once de xuño de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar