Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viana do Bolo (expediente IN407A 2015/32-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: recuamento LMT, CT Santa Mariña de Froxais.

Situación: Viana do Bolo.

Características técnicas:

LMT aérea a 15 kV de 15 m de lonxitude con orixe na LMT ao CT Santa Mariña de Froxais con condutor LA-56/54,6 mm2 e remate no CT intemperie proxectado Santa Mariña de Froxais de 50 kVA e R/T 15.000/400-230 V.

Orzamento: 17.475,28 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 20 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense