Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Busto (Santa Comba) (expediente IN407A 2015/094-1).

Número de expediente: IN407A 2015/094-1.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación: LMTS 20 kV, CTC e RBT Sangriñal.

Concello: Busto-Santa Comba.

Características técnicas:

1. Instalación e montaxe do centro de transformación interior Sangriñal, en edificio prefabricado de formigón, incluíndo dúas celas de media tensión: unha cela de entrada/saída de líña motorizada e unha cela de protección mediante fusibles combinados para un transformador de 160 kVA, cuxo fin será a subministración aos servizos auxiliares do edificio e a conexión á rede de baixa tensión de distribución, todas elas con illamento e corte en SF6.

2. Instalación e montaxe dun novo apoio de celosía (28 bis) na liña LMT Santa Catalina -Guldrís e CT Busto (expediente 27.949) coa correspondente transición aéreo-subterránea.

3. Tramo de liña soterrada de alta tensión de interconexión entre o apoio 28 bis e o centro de tranformación Sangriñal proxectado, en simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-20L 12/20 kV3 (1×240 Al), de 287 metros de lonxitude.

4. Saída de rede de baixa tensión desde o CT Sangriñal en proxecto, para interconexión coa rede existente, que consta dun circuíto:

a) Saída en soterrado de dobre circuíto mediante condutor RZ 0,6/1 kV 3×(1×150 Al/54,6 ALM) coa orixe no cadro de baixa tensión do CT e final no apoio existente, de 37 metros de lonxitude.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 15 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña