Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2015 pola que se comunica o inicio de expediente de incumprimento total á empresa Double M Galexport, S.L., titular do expediente IG166.2014.1.41, relativo a unha axuda á contratación de xestores Igapex de internacionalización, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), por esta resolución ponse en coñecemento da empresa Double M Galexport, S.L., titular do expediente IG166.2014.1.41, relativo a unha axuda á contratación de xestores Igapex de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (Resolución do 25 de novembro de 2013; DOG núm. 229, do 29 de novembro), que, con data do 31.3.2015, o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determinar o alcance deste, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselle un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto ao interesado neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica