Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23028

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013.

A base décima da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 30 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 91, do 14 de maio), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde, dispón que, unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

De conformidade coa dita base, o artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo), e o artigo 8 do Decreto 198/2012, do 27 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº 194, do 10 de outubro), esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 30 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 91, do 14 de maio).

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, aos/ás aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.

Terceiro. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. Non obstante, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO
Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

Médico/a de urxencias hospitalarias

DNI

Apelidos e nome

Destino adxudicado

Localidade

*550H

Alonso Paz, Jorge

329900550 - EOXI Ourense-Verín-O Barco-Hospital de Verín

Verín

*142P

Ferreiro Gómez, Manuel

270600550 - EOXI Lugo-Cervo-Monforte-Hospital da Costa

Burela

*187F

González Maroño, César

320100550 - EOXI Ourense-Verín-O Barco-Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

*887T

Lombardía Cortiña, Mónica

320100550 - EOXI Ourense-Verín-O Barco-Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

*264A

López López, Susana

320100550 - EOXI Ourense-Verín-O Barco-Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

*664D

Lorenzo Carrero, Jorge

329900550 - EOXI Ourense-Verín-O Barco-Hospital de Verín

Verín

*316R

Mirás Bello, Carlos David

360300550 - EOXI Pontevedra-O Salnés-Complexo Hospitalario de Pontevedra

Pontevedra

*115N

Pérez Pacheco, Marina

159800550 - EOXI A Coruña-Hospital Virxe da Xunqueira

Cee

*880P

Pichel Loureiro, Ángel

159900550 - EOXI Santiago de Compostela-Hospital da Barbanza

Ribeira

*996F

Rodríguez Trigo, Sandra

320100550 - EOXI Ourense-Verín-O Barco-Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

*030Z

Touceda Bravo, Alberto

320100550 - EOXI Ourense-Verín-O Barco-Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

*541C

Varela Portas Mariño, Jacobo Antonio

320100550 - EOXI Ourense-Verín-O Barco-Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

* O nº de DNI do/da aspirante seleccionado/a amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.