Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22734

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Urbanismo e Infraestruturas.

No BOP núm. 94, do 21 de maio de 2015, aparecen publicadas as bases reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Urbanismo e Infraestruturas.

Quen desexe tomar parte na dita convocatoria deberá presentar a súa solicitude no prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación, no lugar e na forma establecidos nas referidas bases.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 21 de maio de 2015

Alejandro Langtry Caínzos
Concelleiro de Economía, Facenda e Recursos Humanos