Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22644

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2015 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade da relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Importe achegado pola Axencia €

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e os concellos galegos do Camiño Francés para actuacións de limpeza e mantemento do Camiño Francés, e de atención e información ao peregrino.

361.875 €

5.1.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a entidade Obradoiro CAB SAD para o desenvolvemento do proxecto «O Camiño remata no Obradoiro».

100.000 €

5.1.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Semana Verde de Galicia para o apoio á celebración de Turexpo Galicia 2015 IV Salón Turístico de Galicia.

200.000 €

5.1.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Exceltur, a alianza para a excelencia turística, para a realización dun estudo de impacto económico do turismo en Galicia (estudo Impactur Galicia 2014).

36.300 €

5.1.2015

Convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa, da Axencia Turismo de Galicia ao Concello de Xinzo de Limia (Ourense), para a valoración e proposta escenográfica para o Museo do Entroido.

70.000 €

5.1.2015

Convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa, da Axencia Turismo de Galicia ao concello de Xinzo de Limia (Ourense), para a execución do proxecto denominado Albergue de peregrinos en Xinzo de Limia.

120.000 €

5.1.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos.

20.000 €

5.1.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas.

20.000 €

5.1.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde.

20.000 €

5.1.2015

Convenio de colaboración que regula a subvención mediante concesión directa da Axencia Turismo de Galicia á Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra de rehabilitación da edificación denominada Asilo de Carretas, para a creación dun centro de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela cofinanciado con fondos do programa operativo Feder Galicia 2007/2013 T.P.5.57.1 (80 %).

1.550.000 €

5.1.2015

Convenio marco de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Renfe Viajeros, S.A. e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde).

Sen achega económica

29.1.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ferrol para a celebración da Semana Santa 2015.

40.000 €

2.2.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración de Xantar, 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

30.000 €

3.2.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares para a realizacion de varios concertos de músíca popular en Santiago de Compostela-programa Música no Camiño.

69.011,90 €

10.2.2015

Convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fundación ONCE para o desenvolvemento do turismo accesible nas rutas do Camiño de Santiago.

Sen achega económica

10.2.2015

Convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa, da Axencia Turismo de Galicia á Deputación de Pontevedra para as actuacións no contorno e Santuario de Nosa Señora da Franqueira (Pontevedra).

150.000 €

17.2.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación de Lugo para a realización de actividades de valorización dos recursos culturais e turísticos na provincia de Lugo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.1.

100.000 €

17.2.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lalín para a celebración da XXI Gala de Gastronomía de Galicia –Premios de Gastronomía de Galicia– Premios de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, na Feira do Cocido de Lalín.

25.000 €

17.2.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Verín para a celebración do Entroido.

25.000 €

17.2.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Clube Praia de Pantín para a celebración da 28 edición do circuíto mundial da Worl Surf League (WSL), que se celebrará do 1 ao 6 de setembro do ano 2015.

80.000 €

27.2.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Lavinia Selección, S.L.U., relativo á campaña de promoción Vinos y Camelias a través dos establecementos que a firma ten nas cidades de Madrid e París.

82.280,00 €

2.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Club de Antigos Alumnos do CSHG.

15.000 €

6.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a apertura de igrexas no Camiño.

35.000 €

6.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para a apertura de igrexas no Camiño.

80.000 €

6.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Baiona para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2015.

15.000 €

6.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cambados para a celebración da Festa do Viño Albariño 2015.

28.000 €

6.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Catoira para a celebración da Romaría Viquinga 2015.

40.000 €

6.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ortigueira para a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta.

40.000 €

6.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Cultural Festas do Mar de Muxía para a celebración da Romaría da Nosa Señora da Barca 2015.

25.000 €

10.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Carballiño para a celebración da Festa do Polbo 2015.

25.000 €

10.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago de Compostela para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes.

100.000 €

11.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o concello de Vilagarcía de Arousa para a celebración das festas de San Roque 2015.

15.000 €

12.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro para a celebración da Semana Santa de Viveiro 2015.

40.000 €

12.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ponteareas para a celebración da Festa do Corpus Christi.

40.000 €

12.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a entidade Galifornia Eventos, S.L. para a celebración do festival O Marisquiño XV.

15.000 €

16.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o concello do Grove para a celebración da festa do marisco 2015.

15.000 €

17.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago para a organización da exposición San Francisco e o seu Tempo no Pazo de Xelmírez en Santiago de Compostela.

49.025,35 €

17.3.2015

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (Secretaria de Estado de Turismo) e a Axencia Turismo de Galicia en materia de calidade turística.

Sen achega económica

23.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Xinzo de Limia para a celebración do Entroido.

25.000 €

31.3.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a implementación, difusión e promoción da marca Q de calidade turística no sector turístico de Galicia.

175.000 €

10.4.2015