Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de maio de 2015 polo que se autoriza a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada na demarcación de Ribeira (TL04C) a favor de Eventos Insuela, S.L.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día 7 de maio de 2015,

RESOLVO:

Dar publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 7 de maio de 2015 que a continuación se transcribe:

«Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada na demarcación de Ribeira (TL04C) a favor de Eventos Insuela, S.L.

A transmisión non altera as condicións da licenza ou a data de vencemento o 3 de abril de 2027.

A dita transmisión está sometida ao pagamento das taxas preceptivas previstas na lexislación vixente unha vez que sexa aprobada polo Consello da Xunta».

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios