Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 357/2014 interposto por Aida Esther Cazas Galañena.

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio no cal se solicita a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo PO 357/2014, interposto por Aida Esther Cazas Galañena contra resolución desta secretaría, do 29 de agosto de 2014, desestimatoria da súa solicitude de axuda económica.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración