Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de soporte técnico para o mantemento hardware e software en diversos centros dependentes da Xunta de Galicia (expediente 13/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: prestación do servizo de mantemento hardware e software en diversos centros dependentes da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data da publicación do anuncio de licitación:

DOG: 9.12.2014.

DOUE: 5.12.2014.

BOE: 30.12.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.106.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1: mantemento hardware e software dos equipamentos de posto de traballo e sistemas audiovisuais e multimedia dos centros da Rede CeMIT, CDTIC e Sala de Consellos da Xunta de Galicia e o servizo de soporte técnico especializado para o uso dos ditos equipamentos: orzamento total de licitación de 378.972,00 € (IVE incluído).

Lote 2: mantemento hardware e software dos equipamentos de posto de traballo nos centros da área de Santiago e a súa contorna: orzamento total de licitación de 470.448,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 27.3.2015.

Lote 2: 27.3.2015.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 11.5.2015.

Lote 2: 11.5.2015.

c) Contratista:

Lote 1: Tecnologías Plexus, S.L.

Lote 2: Inforhouse, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 276.649,56 € (IVE incluído).

Lote 2: 399.663,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia